���BASES XXVIII EDICI��N DO CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODR��GUEZ L��PEZ

���BASES XXVIII EDICI��N DO CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODR��GUEZ L��PEZ
���BASES XXVIII EDICI��N DO CERTAME LITERARIO MANUEL-ORESTE RODR��GUEZ L��PEZ

autor.: TemasyTEST

Remitido el 16-07-22 a las 09:24:50 :: 113 lecturas


PRIMEIRA.- Participantes.
Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todos os autores que o
desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
SEGUNDA.- Categorías e requisitos das obras.
Narrativa:
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a dobre
espazo.
Poesía:
As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
En ambas categorías, deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar
escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.
Modalidade Especial Camiño de Santiago.
Cos mesmos requisitos sinalados nos parágrafos anteriores, e sendo en Paradela un fito no Camiño Francés, a cen
quilómetros do final do Camiño, convócase de novo no Certame a modalidade relativa ao “Camiño de Santiago”.
Nesta modalidade concorrerán de xeito conxunto tanto as obras de narrativa coma as de poesía.
TERCEIRA.- Presentación das obras.
O prazo de entrega iniciase o día un de outubro de 2022 e rematará o trinta de novembro de 2022.
Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa/Especial Camiño de Santiago)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela-Lugo
En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a,
D.N.I. ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás
normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta oix.paradela@eidolocal.es, deberán
enviarse no mesmo correo electrónico, dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará
o lema que distinga o traballo, no que conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, D.N.I. ou pasaporte,
domicilio, teléfono, poboación de residencia, dirección de correo electrónico (no seu caso) e declaración formal de
que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda.
Os arquivos PDF referenciaranse do seguinte xeito:
- Datos persoais ou plica, co título da obra.
- O título da obra.
Os arquivos serán custodiados pola Secretaría do Concello, entregando unicamente ao Xurado a obra.
No caso de participación nos tres apartados; deberase concursar en cada modalidade por separado, utilizando un
lema propio en cada caso e presentando a obra por separado, facendo constar a modalidade “poesía”, “narrativa”
ou “especial Camiño de Santiago”.
Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2022 (15/07/2022 13:50:00) Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2022 (16/07/2022 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2022 (16/07/2022 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2022 (16/07/2022 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2022 (16/07/2022 08:00:00)
39 Núm. 16 – sábado, 16 de xullo de 2022 BOP Lugo
En cumprimento do establecido en materia de protección de datos, Regulamento UE 679/2016 e LOPDGDD 3/2018
o CONCELLO DE PARADELA, como Responsable do tratamento, con enderezo Rúa Cabaleiros de Santiago, 15.
27611 PARADELA- LUGO, infórmalle de que os datos facilitados conforme ás bases deste certame, e por tanto, en
base o seu consentimento, utilizarémolos coa finalidade de poder xestionar a súa inscrición e participación no
“Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López”. Conservaremos os seus datos ao menos mentres dure o
Certame ou mentres dispoñamos do seu consentimento. Os seus datos non serán cedidos salvo obrigacións legais.
Non está prevista a transferencia internacional de datos salvo con fines de almacenamento e en todo caso mediante
garantías adecuadas.
Pode contactar co responsable, así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade,
limitación ou oposición ao tratamento, dirixíndose mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do
Concello ou por e-mail concello.paradela@eidolocal.es. Ten dereito a reclamar ante a Autoridade de Control de
protección de datos. Para información adicional pode consultar no noso Concello a través do correo
concello.paradela@eidolocal.es.
CUARTA.- Premios.
Modalidade narrativa:
1º Premio: mil euros (1.000,00 €)
2º Premio: cincocentos euros (500,00 €)
Modalidade poesía:
1º Premio: mil euros (1.000,00 €)
2º Premio: cincocentos euros (500,00 €)
Modalidade especial Camiño de Santiago
1º Premio: mil euros (1.000,00 €)
O xurado reservase a facultade de conceder dous accésits de douscentos cincuenta euros (250,00 €), en cada
categoría, asemade poderá conceder ata dúas mencións de honra como máximo, de douscentos cincuenta euros
(250,00 €) en cada categoría.
O autor ou autores premiados convocaranse ao acto de entrega de premios, o día que estableza o xurado.
QUINTA.- Fallo do Xurado.
O Xurado designado polo Concello de Paradela emitirá o seu fallo no mes de maio de 2023 e farase público polos
medios de comunicación e nas páxinas web do concello www.paradela.es e www.concelloparadela.es;
comunicándose persoalmente aos gañadores.
O Xurado pode deixar deserto o premio en calquera das categorías obxecto do certame; e a súa decisión será
inapelable.
SEXTA.- Dereitos sobre as obras presentadas.
O Concello de Paradela resérvase, en exclusiva, o dereito de edición das obras premiadas, accésits e mencións de
honra durante o prazo máximo de doce meses, contados dende o momento do fallo.
Unha vez producido o fallo dos premios, accésits e mencións de honra, os autores que resulten galardoados non
poderán solicitar que non se publique a obra.
As obras non premiadas, así como as súas correspondentes plicas, non serán devoltas, sendo destruídas despois
da proclamación de gañadores do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López- XXVIII Edición.
SÉTIMA.- Prerrogativas.
A resolución de todas as cuestións que poidan xurdir ou formularse nesta convocatoria é de exclusiva competencia
do Concello de Paradela e do Xurado”.

Comentarios

Titulo.:

 

Mensaje.:

 

 

Visitas Hoy.: 407 :: (895 Visitas Previstas) :: Total visitas desde 01/01/2009.: 189778

Aviso Legal :: Reglas de Participacion :: Como usa Google tus datos en esta web